InicioSociedadeA área de Vigo segue sumando casos, 16 máis nas últimas horas

A área de Vigo segue sumando casos, 16 máis nas últimas horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia sumou 215 novos positivos nas últimas 24 horas, de modo que o número total de casos activos na actualidade é de 3.847, unha cifra esta última que supera en 105 á de onte, de acordo cos datos proporcionados este mércores pola Consellería de Sanidade, con datos da tarde de onte, martes.

área sanitaria da Coruña e Cee segue sendo a que concentra un maior número de casos activos, 1.387, aínda que é a única na que descende este indicador, posto que aínda que se produciron novos positivos, o número de recuperados é maior, polo que son 16 casos menos activos que o martes.

O maior incremento corresponde á área de Santiago e Barbanza, onde constan 644 casos activos —37 máis que o martes–. En Lugo a subida é de 27 e o total sitúase en 786; mentres que en Ourense a cifra elévase a 362 –19 máis–; en Vigo sitúase en 269 –16 máis–; en Pontevedra crece ata os 250 –17 máis–; e en Ferrol alcanza o 149 –cinco máis–.

O parte deste mércores mostra que se curaron na Comunidade un total de 12.879 persoas, que son 108 máis que as que figuraban nos datos do martes. Tamén se informa de catro novos falecementos, tres no HULA e un no CHUAC, o que eleva o total de mortes con COVID-19 desde que comezou a pandemia a 648 en Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...