InicioSociedadeA área sanitaria de Vigo aumenta en cinco os casos por COVID

A área sanitaria de Vigo aumenta en cinco os casos por COVID

A área sanitaria de Vigo está entre as últimas posicións en canto incidencia da COVID en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de afectados por COVID dentro da área sanitaria de Vigo é de 214, cinco casos máis que o pasado sábado 29 de agosto. Non obstante, a área viguesa está entre as menos afectadas polos brotes de coronavirus.

A a área sanitaria da Coruña e Cee continúa sendo a que acumula máis casos, ten 1.382 activos, que son seis máis que o sábado e case o 40 por cento do total, pero as subidas máis pronunciadas son as de Lugo, que suma 71 casos activos e chega a 675 en total, e Santiago, que ten xa 540, que son 67 máis que o sábado.

En Ourense o número de casos activos alcanza este domingo os 324, outros 24 casos máis que o sábado pasado. En Pontevedra a cifra é de 218, con 13 casos máis e en Ferrol, 131 en total, catro casos máis.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...