InicioSociedadeAumentan os casos de coronavirus na área de Vigo con 15 novos...

Aumentan os casos de coronavirus na área de Vigo con 15 novos positivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento este martes, con 128 máis, e sitúanse en 2.580. Esta xornada increméntanse os contagios en todas as áreas, en especial na de Santiago e Barbanza, con 55 máis.

Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI –igual que este luns–, 73 atópanse en unidades de hospitalización convencional –tres máis–, e 2.494 en seguimento domiciliario –124 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 2.580 casos activos, 1.240 corresponden á área da Coruña e Cee –catro máis que este luns–; 352 á de Lugo –31 máis–; 329 á de Santiago –55 máis– 170 á de Vigo –15 máis–, 147 á de Pontevedra e O Salnés –seis máis–; 224 á de Ourense –12 máis–; e 118 á de Ferrol –cinco máis–.

Así mesmo, Sanidade sinalou que, ata o momento, curáronse en Galicia 12.019 persoas, 63 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 633 persoas, das que 278 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 134 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos.

Do total de 2.580 casos activos na Comunidade galega, este martes 88 están vinculados a centros residenciais, en relación a 68 usuarios e 20 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data ascende a 308.162 fronte ás 305.847 contabilizadas ata este luns, segundo os datos de Sanidade.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...