InicioSociedadeProfesores dun IES de Cangas suman xa máis de 11.000 sinaturas contra...

Profesores dun IES de Cangas suman xa máis de 11.000 sinaturas contra o protocolo escolar de Feijóo

Piden a redución do número de alumnos por grupo e curso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa o clamor por unha volta “segura” ás aulas no mes de setembro e contra o protocolo desenvolto pola Xunta de Núñez Feijóo. A última mostra de rexeitamento vén constituída por máis de 11.000 sinaturas pedindo un regreso con garantías ás escolas. A campaña de sinaturas, comezada por profesores do IES de Rodeira, situado en Cangas, culminará este martes coa entrega das firmas á Consellería de Educación, á que lle reclamarán, entre outras medidas, a redución do número de alumnos por grupo e curso, “así como a dotación de material para poder seguir as indicacións sanitarias.

“Non podemos seguir cegos e mudos ante o total abandono de cada centro, como se isto for unha cuestión de xestión organizativa dunha escola e non dunha aposta decidida, clara e con planificación de quen ten a responsabilidade de levar adiante a política educativa no noso país: a Consellería de Educación.”, explica Sérgio Nunes, promotor da inciativa en Change.org

A iniciativa comandada por Nunes recolle as principais demandas que Anpas e sindicatos veñen dirixindo á Consellería nas últimas semanas. Así, esixen ó departamento de Carmen Pomar que garanta a distancia de seguridade mínima de 1 metro entre mesasconforme á OMS e como non se daría co actual protocolo, segundo Profesorado en Pé– e outorgue ós centros os recursos precisos para garantir a seguridade.

150.000 APOIOS
A campaña #VoltaSegura, na que se encadra a iniciativa de Nunes e o resto de docentes do Rodeira, xa se estende por todo o estado; recollendo mostras de apoio de ata 150.000 persoas, como foi o caso dunha tuiteira que emprazou ó Ministerio de Educación a reconducir a xestión das aulas. 

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...