InicioSociedadeAnpas emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores...

Anpas emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores escolares

Insisten en que a proposta de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino é "completamente inasumible" polas asociacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra (FANPA Pontevedra) e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) emprazaron á Consellería de Educación a “dialogar con urxencia” para manter o seu compromiso de xestionar os comedores escolares, as aulas de madrugadores e as actividades extraescolares.

Rogelio Carballo e Miguel Álvarez, presidentes de Fanpa e Foempa, respectivamente, lembraron que as súas organizacións xestionan a máis de 3.500 usuarios de comedores escolares na provincia de Pontevedra.

Do mesmo xeito, advertiron que, no caso de non ter resposta e manterse as condicións establecidas no Protocolo proposto pola Xunta, “o compromiso” de xestión por parte as súas “organizacións considerarase inasumible para próximo curso escolar 2020-21” polo que procederán a “suspender os servizos”.

Ambas as organizacións comprometéronse a tomar “todas as medidas administrativas e xudiciais en defensa das familias e os seus dereitos á educación, saúde, traballo e conciliación”, reclamando ante as instancias correspondentes “as responsabilidades persoais e materiais que fosen esixibles”.

Nun escrito dirixido á Consellería estas Federacións de ANPAS insisten en que a proposta de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020 é “completamente inasumible” polas asociacións sen ánimo de lucro que representan.

En primeiro lugar, segundo indicou Carballo, “pola redución de prazas que comporta, de tal magnitude, que afecta gravemente á universalidade do servizo”. Ao mesmo tempo, advertiu que unha redución de usuarios tan importante supón un “incremento significativo do custo”, consecuencia da repartición do custo de explotación entre menos comensais, agravado polas medidas de protección necesarias para asegurar a salubridade do servizo.

Miguel Álvarez destacou que “a magnitude deste incremento faino inasumible” pola maioría dos usuarios que quedarán despois da redución de aforamento disposto polo Protocolo.

Tanto Fanpa como Foanpas din estar dispostas a continuar coas actividades de comedor, aulas de madrugadores e actividades extraescolares “sempre que se garantan as condicións de seguridade sanitaria, atención á totalidade dos usuarios, custo económico asumible polas familias, e non agravar a xa limitada capacidade de xestión das nosas organizacións”.

Neste sentido, afirman que a atención á totalidade dos usuarios mantendo as condicións sinaladas no Protocolo COVID19 da Consellería de Sanidade implica a utilización de máis espazos dedicados a comedor e aulas de madrugadores, ben sexa de maneira provisional ou permanente, ou ben un aumento no número de horas do servizo.

Pero iso, conforme apuntan, leva un aumento significativo de monitores e coidadores ademais da desinfección pertinente do espazo de comedor, incluídos os recursos para á atención á diversidade (NEAE) cos consecuentes custos económicos derivados do incremento de persoal e dos materiais necesarios para garantir a salubridade dos servizos (Iimpieza, material sanitario, procesamentos culinarios, hidroxeles, etc.) que “teñen que ser asumidos de maneira extraordinaria pola Consellería de Educación mentres a aplicación do Protocolo estea en vigor”.

Neste sentido, piden o compromiso por parte da Consellería para “manter o custo actual dos servizos para as familias e atender á totalidade da comunidade educativa”. E da mesma maneira, engaden a petición de “facilitar a xestión por parte das organizacións tendo en conta o carácter voluntario e non retribuído dos seus responsables”.

Rogelio Carbalo urxe ao departamento que dirixe a conselleira Carmen Pomar a dialogar con urxencia xa que o próximo 10 de agosto debería comezar o prazo de matrícula para os comedores en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...