InicioSociedadeDenuncian que non se cumpren as normas de distanciamento no Edificio Xudicial...

Denuncian que non se cumpren as normas de distanciamento no Edificio Xudicial de Vigo

Dende Alternativas na Xustiza-CUT buscan tomar unha solución para evitar a masificación de xente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

No Edificio Xudicial de Vigo, onde se ubica o Rexistro Civil, hai cada día ringleiras de cidadáns para resolver diferentes trámites, amoreandose na pranta baixa. Non se están cumprindo as prevencións de distanciamento. Ademais, impiden o paso de traballadores que teñen que cruzar polo medio deles na planta baixa onde tamén están os elevadores e o punto básico e central de acceso ao resto das dependencias do edificio, segundo informa Alternativas na Xustiza-CUT.

O número de positivos na comunidade galega incrementouse en 16 persoas nas últimas 24 horas. O total ascende a 246 infectados, ao que hai que engadir as persoas que tiveron contacto con eles, e que deben gardar cuarentena nos seus fogares.

A situación que estamos a padecer no país a finais deste mes de xullo, e que reflicten tódolos medios de comunicación, non fai permisible nin admisible por parte da Administración esta afluencia de xente ante o Rexistro, pois só axuda a incrementar negativamente o número de cidadáns que poidan estar en contacto coa COVID-19, e o incremento do número de contaxios.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT esixen, por parte da Dirección Xeral de Xustiza, como órgano do que dependen os funcionarios da Administración de Xustiza e outros responsables, que se adopten as medidas oportunas (urxentes con carácter inmediato) para evitar a masificación de xente dentro do edificio xudicial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...