InicioSociedadeO perfil dos contaxiados na Mariña: asintomáticos, entre 20 e 30 anos...

O perfil dos contaxiados na Mariña: asintomáticos, entre 20 e 30 anos que celebraron a noite de San Xoán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A media dos afectados é de 35 anos, segundo confirmou Almuíña, que concretou que a idade que máis se repite entre as persoas infectadas polo brote é de “20 anos”. O conselleiro afirmou que o foco principal, aínda que se documentaron positivos en varios municipios da comarca, con especial incidencia en Foz ou Xove, está en Burela.

A Consellería apunta que a maioría dos datos sobre os períodos de incubación da doenza lévana a pensar en que o San Xoán puido ser un momento de transmisión do virus, porque coincide “cos tres días de incidencia máis alta” dos contaxios. Nas últimas xornadas, o incremento dos positivos “é menor”, sostivo Almuíña.

Almuiña sinalou que a maior progresión deste brote vincúlase a situacións de ocio, especialmente en varios bares da zona e, con todas as cautelas que temos que ter, -dixo o conselleiro-, neste momento parece que a progresión está acoutada na zona da Mariña. De feito, no resto de Galicia a tendencia segue a ser positiva, con ningún paciente ingresado nas Unidades de Coidados Intensivos e co número total de contaxios que segue a descender.

A situación na actualidade indica que a infección segue a progresar e, das máis de 2.000 PCRs realizadas, detectáronse un total de 106 positivos, dos que 7 xa están curados, co que os activos son agora 99. Afortunadamente, sen unha repercusión notable polo que respecta á asistencia sanitaria, xa que non hai ningún paciente en unidades de críticos.

Tamén remarcou o conselleiro que de momento non hai incidencias nun dos puntos máis vulnerables da pandemia, e todas as residencias de maiores están libres da covid.

Incidiu Almuiña que a maioría dos casos son asintomáticos ou con manifestacións clínicas leves.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...