InicioPolíticaCasal cre que as eleccións "teñen que aprazarse" se os rebrotes impiden...

Casal cre que as eleccións “teñen que aprazarse” se os rebrotes impiden o dereito a voto

Acusa á Xunta de "negar a realidade" ante o rebrote da Mariña, que ve "silenciado" nos medios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, considera que se os rebrotes de coronavirus, como o desatado na comarca da Mariña luguesa, impide que “moitos” cidadáns exerzan o seu dereito a voto, as eleccións autonómicas “teñen que aprazarse”. A coalición da Marea Galeguista, no seu momento, manifestárase de acordo coa celebración dos comicios nesta data, mentres PSdeG, BNG e Galicia En Común-Anova-Mareas criticaran a decisión.

Así se pronunciou este sábado o candidato da coalición en Tui, onde se reuniu con afectados pola explosión dunha pirotecnia na parroquia de Paramos que deixou dous mortos e cuantiosos danos en maio de 2018.

Casal cre que a Xunta e o seu presidente e aspirante á reelección polo PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, tratan de “restar importancia” ao rebrote da Mariña “decretando un apagamento informativo nos medios públicos e privados”.

Tras afear que busquen “negar a realidade, o peor que pode facerse nunha situación de emerxencia”, a cabeza de lista de Marea Galeguista demandou á Consellería de Sanidade que ofreza “información” sobre a situación no norte da provincia de Lugo e “publique o protocolo” ante rebrotes.

Temos candidatos de nosa propia candidatura con sospeitas de estar infectados e dinnos que non lles fan as probas“, sentenciou Casal, que advirte das consecuencias que a situación desatada na Mariña pode carrexar nun proceso electoral que, como lembrou, En Marea apoiou retomar en contra da postura do resto de partidos da oposición con presenza na Cámara galega.

“Se a Xunta non pode cumprir co que nós apoiamos, que era garantir totalmente o dereito electoral, habería que reformularse esta campaña”, engadiu Casal, que cre que se existe unha “cantidade reseñable” de persoas que non poden ir votar por estar confinadas ou en corentena, “a Xunta ou o Estado teñen que tomar medidas”.

Estas medidas, segundo comentou, van desde a anulación das eleccións “en mesas, localidades ou na Mariña de Lugo” a, mesmo, o adiamento total dos comicios.

“O que ten que deixar claro (a Xunta) é que o exercicio democrático se pode facer de forma normal, se non, ten que aprazar as eleccións”, insistiu Casal, que tamén censurou que se recomende levar a papeleta de casa, algo que prexudica ás formacións que, como Marea Galeguista, prescindiron do ‘mailing’ e beneficia ás candidaturas “que gastaron unha porrada de diñeiro” niso.

SUSPENSIÓN DE ACTOS NA MARIÑA

Así mesmo, cuestionado sobre a suspensión de actos electorais na zona da Mariña por parte de Galicia en Común, PSdeG e BNG ante o rebrote, Pancho Casal manifestou que “é evidente” que non poden desenvolverse actos na zona, pero ve “postureo electoral” en que ditas formacións o anuncien en busca, di, de “publicidade”. “Do que hai que falar é das medidas, dos protocolos, de que a Consellería de Sanidade dea tranquilidade”, incidiu.

EXPLOSIÓN DE PARAMOS

Por outra banda, o candidato e outros membros da candidatura visitaron a zona de Paramos, en Tui, acompañados por veciños da zona afectados pola explosión dunha pirotecnia, algúns dos cales, dous anos despois do suceso, aínda non puideron volver ás súas casas.

“Lamentamos que a Xunta non fixese un plan integral de reconstrución”, apuntou Casal, que cualificou de “insuficientes” as axudas económicas aos afectados, o que provocou que “varias vivendas aínda non fosen reconstruídas” pola imposibilidade dos seus propietarios de volver levantalas.

ÚLTIMAS

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...

A sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9 millóns e 4 anos de cárcere para o acusado

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 4 anos de prisión a Francisco...