InicioSucesosO alcalde de Tui pide axuda ao novo goberno e convida a...

O alcalde de Tui pide axuda ao novo goberno e convida a Pedro Sánchez a visitar a zona de explosión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para convidarlle a visitar a zona da parroquia de Paramos onde, o pasado 23 de maio, explotou o almacén ilegal de material pirotécnico, causando dous mortos e unha trintena de feridos.

Con esta invitación, o rexedor pretende que o titular do Executivo coñeza “de primeira man” a situación que se vive no municipio e poida “avaliar a absoluta necesidade” que Tui ten dun “forte compromiso económico e de colaboración” por parte da administración central.

Protesta Tui
Veciños de Paramos na protesta/Miguel Nuñez

Na súa carta, Vázquez Padín lembra os danos persoais causados pola traxedia, así como os danos en vivendas, vehículos e outras propiedades. Unha catástrofe de tal magnitude, incide, polo que “máis de 700 persoas víronse prexudicadas gravemente“, e que afectou a infraestruturas como camiños, abastecemento e saneamento, tendidos eléctricos e telefónicos, e outros servizos.

De feito, a corporación municipal tudense, por acordo plenario unánime do pasado 31 de maio, solicitou a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil.

Traxedia en Tui
Protesta diante da catedral dos veciños de paramos/Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...