InicioSociedadeO Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur contará cun microscopio de gran...

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur contará cun microscopio de gran resolución

Este microscopio instalarase nunha sala das dependencias do instituto e poderase utilizar a finais deste mesmo ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), localizado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, adquirirá un microscopio de última xeración con gran resolución que o situará á vangarda tecnolóxica.

Segundo indicou nun comunicado a Xerencia da área Sanitaria de Vigo, este microscopio confocal de súper resolución levará un saltocualitativo nos traballos do centro de investigación e situarao como “referencia a nivel nacional”. O custo deste aparello ascende a case 540.000 euros, dos que o 80% será financiado con fondos Feder.

O Boletín Oficial das Comunidades Europeas publicou a licitación, polo que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 15 de xullo.

Así, este microscopio instalarase nunha sala das dependencias do instituto e poderase utilizar a finais deste mesmo ano. En concreto, este aparello confocal de súper resolución permitirá observar células e mecanismos moleculares cun grao de exactitude moi alto.

O microscopio contará tamén cun módulo para escanear desde 28 imaxes por segundo, o que permitirá analizar mostras en vivo. Deste xeito, poderanse levar a cabo experimentos que non resulta posible realizar con microscopios confocales estándares.

Nesta liña, o investigador principal do proxecto, Roberto Agís-Balboa, resaltou que este equipamento “será o único dun nivel tan avanzado e preciso en Galicia” e destacou que “permitirá potenciar as colaboracións con outras institucións e empresas biotecnológicas nacionais e estranxeiras”. Así, apuntouse que o IISGS será un referente nestas investigacións no noroeste peninsular.

Así mesmo, esta infraestrutura permitirá impulsar a investigación biomédica en Galicia e potenciar proxectos transfronteirizos co Norte de Portugal.

Ademais de Agís-Balboa, a investigadora do grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica Saida Ortolano, a directora do Biobanco e responsable do grupo de Microscopia do IISGS, Susana Teijeira; e o profesional de Neurociencia Traslacional Carlos Spuch traballarán co novo equipamento.

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur está conformado por profesionais das áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e Ourense e grupos de investigación da Universidade de Vigo (UVigo). A Fundación Biomédica Galicia Sur exerce como responsable da súa xestión.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...