InicioSociedade(Vídeo) Sanitarios reclaman en Vigo "máis persoal" e "estabilidade": "Se queremos uns...

(Vídeo) Sanitarios reclaman en Vigo “máis persoal” e “estabilidade”: “Se queremos uns viños, xa nolos pagamos nós”

As concentracións teñen como finalidade "reclamar os dereitos" dos profesionais sanitarios, entre eles, que haxa "unha contratación digna" para cubrir os meses de verán, e tamén no resto do ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanitarios da área de Vigo concentráronse este luns ante o Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica para reclamar “máis persoal e máis estabilidade” nos seus traballos, á vez que expresaron o seu rexeitamento ás “gratificaciones” anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en alusión ao cheque de 250 euros para gastar en servizos hostaleiros.

Os participantes neste acto, entre os que estaban tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ou membros das candidaturas do PSdeG e de Galicia en Común, gardaron un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da pandemia de coronavirus, antes de corear consignas como “Feijóo atende, os sanitarios non se venden” ou “Non queremos esmolas, queremos dereitos”.

O alcalde cos Sanitarios © Miguel Nuñez

A presidenta da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, María José Diéguez, lembrou que as concentracións deste luns (hai outra prevista ás 20:00 horas na PAC de Pizarro) e martes (ás 12:00 horas ante o hospital Meixoeiro) teñen como finalidade “reclamar os dereitos” dos profesionais sanitarios, entre eles, que haxa “unha contratación digna” para cubrir os meses de verán, e tamén no resto do ano.

Ademais, tras o anuncio do presidente da Xunta  de implantar un ‘cheque’ para gastar en servizos hostaleiros destinado a estes profesionais, Diéguez lamentou: “Feijóo dános 250 euros para tomarnos uns viños, pero non queremos que nos gratifique este señor”.

A presidenta da Xunta de Persoal proclamou: “O que queremos é máis contratos, máis persoal, traballo e estabilidade nos persoais sanitarios. Se queremos uns viños, xa nolos pagamos nós”.

Por outra banda, sinalou que, a estas alturas do ano, a xerencia da área sanitaria de Vigo aínda non concretou ao persoal como será a organización do traballo nos meses de verán. En todo caso, María José Diéguez advertiu de que, despois de que o Sergas “obrigase” aos sanitarios a coller as súas vacacións entre xuño e setembro, “vai ser bastante imposible” aumentar a actividade cirúrxica en período estival, “que é o que pretenden”.

6000 sanitarios do SERGAS ao paro este luns, despois de finalizar o periodo de formación

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...