InicioSociedadeColas en Vigo para pedir, entre outras cousas, información sobre o Ingreso...

Colas en Vigo para pedir, entre outras cousas, información sobre o Ingreso Mínimo Vital

O INSS estima que unhas 15.000 persoas poderán beneficiarse do Ingreso Mínimo Vital na provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) estima que, na provincia de Pontevedra, unhas 15.000 persoas poderán beneficiarse do Ingreso Mínimo Vital (IMV), das que unhas 4.500 serán da cidade de Vigo. De feito, na mañá deste venres, 19 de xuño, había colas diante do concello, entre outras cousas, para pedir esta axuda do Goberno central.

Precisamente, a subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, visitou a sede do INSS en Vigo, xunto co director provincial do organismo, Fernando Álvarez, con motivo do inicio da tramitación de solicitudes do IMV. Larriba explicou que, na provincia de Pontevedra, xa hai 1.300 persoas beneficiarias de prestacións familiares da Seguridade Social, e que esas axudas se reconverten (e amplíanse) agora no Ingreso Mínimo Vital de modo automático.

Estas persoas, xunto algúns centos máis de solicitantes do IMV aos que xa se está tramitando a súa petición, cobrarán esta renda básica xa a finais de xuño, segundo apuntou a subdelegada do Goberno. Maica Larriba fixo un chamamento para que, na medida do posible, as solicitudes do IMV se fagan por vía telemática, o que axiliza a tramitación, e lembrou que o INSS tamén puxo a disposición liñas telefónicas para asesorar e informar sobre esta xestión.

De feito, segundo explicou o director provincial do INSS, desde que se puxo en marcha ese teléfono de información, a sede do organismo na provincia está a recibir unha media dunhas 200 chamadas diarias, ás que hai sumar todas as chamadas que se derivan á central de información posta en marcha pola Seguridade Social para toda España (a través do teléfono 900.20.22.22).

ÚLTIMAS

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...