O pasado 14 de xuño, un día antes do fin do estado de alarma en Galicia, Feijóo asegurou que España ‘precisa dunha norma de saúde pública que permita proibir a mobilidade entre determinados territorios nunha situación de pandemia, se o número de contaxios segue sendo elevado’
Unhas palabras que non sentaron ben á presidenta da comunidade de Madrid, Díaz Ayuso que manifestou sentirse “doída” pola “madrileñofobia” profesada por “outras rexións”, algo que según dí “ven de tempo atrás” nas acusacións á comunidade de Madrid por “dumping fiscal” , entre outros.
“Los madrileños se han comportado como auténticos héroes, quedándose en casa, perdiendo empleos y confinándose a ellos y a sus propias familias. De hecho, hemos contenido entre todos el virus y ahora mismo Madrid está en situación de poder moverse con total normalidad‘ defendeu Ayuso
“Me duele profundamente la madrileñofobia, que ya viene de tiempo atrás,… sobre todo, porque Madrid es España, porque los madrileños somos españoles por encima de todo y somos una región, además de emprendedora y muy trabajadora, también solidaria y abierta al mundo, plural” defendeu a presidenta autónoma.
Engadiu que son os primeiros en ser “precavidos” e “cautos” con 11 positivos na última xornada”. Un dato que foi actualizado posteriormente polo Ministerio de Sanidade confirmando, no caso de Madrid, de 56 novos positivos por COVID19, o 50% dos novos casos rexistrados en España na xornada de onte.
Feijóo molesto coa acusación
O presidente galego manifestouse molesto pola acusación e quixo lembrar que Galicia «quere e necesita» o turismo madrileño e «moi especialmente», remarcou, o das persoas que veñen da capital española «a visitarnos e que teñen as súas casas aquí». Atribuíu a polémica ás voces que queren «crear división entre os españois» e «intoxicar», e insistiu en que «queremos que volvan e que estean connosco. Como non!». “Volvemos convidalos e dicirlles que veñan, non quince días, se poden vir 30 ou un mes e medio, mellor“, engadiu máis tarde, antes de precisar que esta invitación é “perfectamente compatible” con dicir que, se houbese brotes “nunha zona, nun hospital, un barrio ou unha cidade”, habería que actuar “polo ben de todos” e “manter a saúde pública”.
Madrileñofobia ou cabreo?
Consultamos de volta ás persoas que contactaron no mes de marzocon esta redacción para denunciar a ocupación de segundas viviendas na costa Galega unha vez decretado o Estado de Alarma que impedía a mobilidade entre as comunidades autónomas e incluso entre municipios.
“Non teño fobia á xente de Madrid ou de calquera outra comunidade. O que teño é un cabreo de tres pares coa xente que se saltou e se salta o confinamento por puro egoismo persoal. Sexa de Madrid ou de Andorra e coa relaxación coa que se tomou o tema. Esa é a solidariedade á que se refire Ayuso? pues ten que perdoar pero iso é todo o contrario” , sinala este veciño do Val Miñor. “A receta para parar o virus era sinxela, non sair da casa e agardar. E algúns parece que iso non lles chega.” engade.
“Nosotros en semana santa cancelamos todas las reservas del hotel. Cerramos y devolvimos los importes de las reservas. Pues hubo gente que quería venir alegando que como su marido era de Galicia pues venían a visitar a la familia y que si a la vuelta los paraba la policía alegarían que volvían a su residencia habitual. Incluso algunos querían enviarnos las maletas por mensajería por si los paraba la policía ir sin equipaje… Les dijimos que no, que estábamos cerrados por fuerza mayor y que no había posibilidad. Pues a alguno le pareció mal porque perdían sus vacaciones. Los que han venido lo han hecho por egoismo, sin ser conscientes de la gravedad de la situación” sinala M.V propietario de un establecemento turístico en Nigrán.