InicioSociedadeA Xunta adxudica os campamentos de verán infantís sen esixir medidas de...

A Xunta adxudica os campamentos de verán infantís sen esixir medidas de seguridade fronte ao COVID19

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social adxudicou o 1 de xuño varios paquetes de actividades da Programación das Actividades de Educación non formal da campaña de verán 2020, os coñecidos como campamentos de verán para menores, nos que non tivo en conta as actuais medidas de protección aprobadas polo Goberno central, e pola propia Xunta, para facer fronte ao COVID-19. Unhas medidas que inclúen o distanciamento social, o uso de máscaras cando non se pode garantir esa distancia social, así como o emprego de xeles hidroalcohólicos para a desinfección.

En ningunha parte dos pregos deste concurso, aos que tivo acceso Galicia Confidencial, se recolle que a Xunta pedira ás empresas responsables medida de seguridade adicional relacionada coa pandemia do coronavirus, máis alá das estipuladas formalmente en concursos deste tipo nos que se esixen plans tipo de seguridade e seguros de responsabilidade civil e de accidente.

Este concurso, valorado en máis de 1,2 millóns de euros, vai destinado a menores de entre 9 e 17 anos e conta con centos de prazas para realizar actividades na montaña, no mar, xogos tradicionais, naútica e medio ambiente mariño, multiaventura no Camiño, teatro e aventura, aventura e conservación do medio ou ciencia e aventura. Trátase, polo tanto, de actividades nas que será difícil gardar as distancias de seguridade.

Máis información en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...

Falece Jaime Cagiao, fillo de Carmen Avendaño e referente da asociación Érguete

O vigués Jaime Cagiao, un do cinco fillos da fundadora da asociación Érguete, Carmen...

Remolcan unha embarcación fronte ás illas Cíes que quedou sen propulsión con 11 persoas a bordo

Salvamento Marítimo remolcou a pasada noite a embarcación de pasaxe 'Salacia', que quedou sen propulsión fronte á...