InicioSociedade10 consellos para identificar os correos fraudulentos relacionados coa cobranza das axudas...

10 consellos para identificar os correos fraudulentos relacionados coa cobranza das axudas do COVID19

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dende que o Goberno Central puxo en marcha as medidas económicas para afrontar a crise do COVID19 os ciberdelincuentes adaptaron os seus ataques para aproveitarse do descoñecemento e necesidades de moita xente.

Simulando e suplantando a identidade de distintos organismos oficiais, pero principalmente da Seguridade Social española, os ciberdelincuentes poñen como cebo os pagos dos ERTES e prestacións económicas que moitos cidadáns solicitaron ou están a percibir dende o decreto do estado de alarma.

A maioría dos casos o ataque consiste na solicitude de tarxetas ou contas bancarias para ‘supostamente’ que o cidadán poida ingresar de xeito inmediato as prestacións públicas.

Pero esta semana o INCIBE (Instituto de Ciberseguridade de E avisa dun novo tipo de fraude pero que neste caso infecta directamente os ordenadores e dispositivos dos usuarios coa instalación dun programa de tipo ‘malware’. Especificamente os atacantes simulan un correo da Inspección de Traballo e Seguridade Social para que a vítima descargue e abra no seu equipo un arquivo Excel que contén un ‘malware’ de tipo ‘keylogger’. Este tipo de ataque o que fai é rexistrar todas as pulsacións do teclado do noso dispositivo capturando deste xeito contrasinais de accesos a banca electrónica, correos electrónico, administración electrónica… que son remitidos a servidores externos que almacenan esa información para o seu uso posterior de xeito fraudulento.

Email suplantando a identidade da Seguridade Social

As recomendacións do INCIBE

  1. Analizar os correos para aprender a identificalos
  2. Se descargaches o ficheiro Excell e o abriches, debes desconectar o dispositivo da rede interna.
  3. Facer unha análise co teu programa de antivirus para eliminar o malware. Si o equipo estaba conectado a unha rede con máis ordenadores é preciso repetir este proceso co resto de equipos.
  4. Non abrir nunca correos que nunca solicitaches ou con quen non teñas contacto. Eliminalos directamente
  5. Nunca contestar a estes correos
  6. Revisar as ligazóns que conteña para ver se son fiables. Desconficar dligazóns curtas
  7. Desconfiar sempre dos ficheiros adxuntos, aínda que sexa de contactos coñecidos
  8. Ter o teu dispositivo actualizado. Tanto o sistema operativo como o antivirus.
  9. Asegúrate de usar contraseñas seguras. Contraseñas como 12345 ou a a túa data de nacemento non son seguras.
  10. Fai copias de seguridade, sobre todo dos elementos que teñan un alto valor para ti como as fotografías.

O INCIBE ofrece de xeito gratuíto asesoramento e axuda para a cidadanía no teléfono 017 ou na súa páxina web

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...