InicioSociedadeSindicatos esixen en Vigo unha investigación e "datos reais" sobre a xestión...

Sindicatos esixen en Vigo unha investigación e “datos reais” sobre a xestión de residencias durante a pandemia

CCOO e UGT queren saber "se houbo directrices para que os maiores non fosen trasladados a centros sanitarios".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos UGT e CC.OO. reclamaron este martes, cunha concentración ante a delegación da Xunta en Vigo, a apertura dunha investigación para coñecer as “responsabilidades” e os “datos reais” da xestión das residencias durante a pandemia de COVID-19.

A secretaria comarcal de CC.OO., Amelia Pérez, denunciou a falta de políticas públicas de dependencia por parte da Administración autonómica e esixiu “saber os datos reais da pandemia, a listaxe de falecidos nas residencias e se houbo directrices para que os maiores non fosen trasladados a centros sanitarios”.

Amelia Pérez lamentou as consecuencias da “mala xestión” e mesmo das “neglixencias” por parte da dirección dalgunhas residencias, e reclamou “máis transparencia e investimento público en dependencia”. “Que se deixe de beneficiar a empresas privadas, como DomusVi”, engadiu.

Pola súa banda, o secretario comarcal de UGT, Ernesto Fontanes, constatou que, “desde que chegou Feijóo á Xunta non se investiu un euro en residencias públicas” e o que se fixo é “desviar recursos públicos cara a empresas privadas”. “Desgraciadamente vimos o que puxo de manifesto esta pandemia: a ausencia dunha rede pública como deus manda e as carencias que teñen as residencias privadas”, aseverou.

O responsable do sindicato de pensionistas de CC.OO., Perico Ucha, lembrou que, nos últimos anos, levouse a cabo un proceso de “privatización” que afectou a atención aos maiores, con medidas como a desaparición do Consello de Persoas Maiores ou da sociedade semipública Sogaserso, e a “potenciación de empresas privadas” que deu lugar á construción “do imperio que é DomusVi”.

O portavoz dos pensionistas en UGT, Juan Fontenla, incidiu en que “a algún se lle debería caer a cara de vergoña” polo que pasou nas residencias de maiores durante a pandemia, e denunciou que a Xunta “non dá a cara”. 

Os representantes dos sindicatos entregaron este martes unha carta dirixida á ata agora delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro (cesou para concorrer na candidatura do PP ás eleccións autonómicas), para volver solicitarlle unha reunión na que abordar as políticas de dependencia e atención aos maiores.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...