InicioSociedadeSOS polo peche de fronteiras no Miño: "a economía está morta"

SOS polo peche de fronteiras no Miño: “a economía está morta”

Advirten de que "a ponte de Tui non dá para máis" e piden máis efectivos de control para habilitar outros pasos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alcaldes e alcaldesas de municipios transfronteirizos do sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal protagonizaron ese mércores un acto simbólico para lanzar un ‘SOS’ e urxir a reapertura de pasos entre ambos os países, “polo menos para os traballadores”, xa que a economía local “está morta”.

Nese acto simbólico, que tivo lugar na Ponte da Amizade, que une Goián, en Tomiño (Pontevedra) e Vila Nova de Cerveira (Portugal), despregáronse tres grandes letras, formando a mensaxe ‘SOS’, e participaron os rexedores de Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, A Guarda, O Rosal, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura e Monçao.

O director da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Río Miño (integrada pola Deputación de Pontevedra e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho), Uxío Benítez, lembrou que os 70 quilómetros de fronteira do Miño no sur da provincia concentran a metade do tráfico que se rexistra en toda a fronteira entre España e Portugal.

Segundo incidiu, “é a fronteira con maior dinamismo social e económico de toda Europa” e o peche (actualmente só permítese o paso en tres puntos entre Galicia e Portugal, un deles en Tui) está a ocasionar “graves prexuízos” aos traballadores e as empresas transfronteirizos.

“ECONOMÍA MORTA”

O vicedirector da AECT e presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, advertiu de que os municipios transfronteirizos están a sufrir unha “inxustiza tremenda” ao ter pechados uns pasos que están entre os que teñen máis tránsito de toda a fronteira.

Ao seu xuízo, mantendo os peches e concentrando todo o tráfico na autovía de Tui “non se salvagarda nin a economía nin moito menos a sanidade”. “Se houbese máis pasos abertos poderíase controlar mellor quen cruza, e cun único paso aberto hai aglomeracións e filas interminables”, constatou.

Fernando Nogueira lamentou que, desde o peche de fronteiras, a economía local “está completamente morta” e “só hai que ser observadores: os cafés e comercios están pechados, pero non é só unha cuestión de turismo, é de empresas”. A ese respecto, puxo como exemplo o caso de Vila Nova, onde hai polo menos un 20 por cento de traballadores que van desde Galicia.

“EMBUDE” NO PASO HABILITADO EN TUI

Finalmente, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembrou que, só polo paso da Ponte da Amizade, cruzan a diario 6.000 coches, de persoas que van comprar, a gozar do lecer e a traballar alén da fronteira. Eses traballadores procedentes do Baixo Miño teñen que dar agora rodeos de ata 100 quilómetros para acudir ás empresas.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...