InicioSociedadeAs persoas de risco veranse na obriga de reincorporarse ao traballo cando...

As persoas de risco veranse na obriga de reincorporarse ao traballo cando finalice o estado de alarma

PUBLICADO O

- Advertisement -

Maiores de 65, hipertensos, diabéticos, persoas con enfermidades autoinmunes, enfermos crónicos con EPOC (enfermedade pulmonar obstructiva crónica) e mulleres embarazadas; estarán obrigados a volver ao traballo 22 de xuño.

As baixas laborais por incapacidade temporal por COVID19 estaba ligada ao tempo no que se mantivera o Estado de Alarma decretado no mes de Marzo. Coa última prórroga que o Goberno Central aprobará presumiblemente o próximo mércores, se non existe ningún contratempo o próximo 22 de xuño as competencias da xestión de mando único e restriccións de mobilidade pasarán a ser competendia individual das comunidades autónomas. Algo que preocupa entre a cidadanía que sigue vendo como seguen chegando visitantes doutras comunidades sen control aparente, nun momento no que non está permitida nin se quera o movemento entre as propias provincias galegas.

Pero a preocupación é maior para as persoas de risco que veranse na obriga de volver ao traballo pese a estar recoñecidas como persoas de risco polas súas doenzas ou condicións de saúde, e fronte ás noticias de expertos e dos propios dirixentes que aseguran que a época estival e o movemento entre comunidades suporá un repunte de contaxios.

“Non é lóxico que estivésemos todo este tempo cumprindo escrupulósamente o confinamento, para que agora nos digan que volvamos ao traballo, sen medios de protección adecuados para a nosa condición, apelando á responsabilidade individual da xente. Esa mesma xente que entra nos sitios pechados sen mascarilla, que non respeta distancias de seguridade, …” relata Paula C. traballadora funcionaria da Xunta.

“Deberiamos ser os últimos en incorporarnos ata que existan máis garantías de seguridade para nós e non este “malo será” con “sentidiño” que apelan as administracións, cando Vigo nin tan sequera recuperou as cifras ao día do decreto do estado de alarma.” “Non temos as mesmas defensas que poden ter o resto de compañeiros, xa partimos cunha clara desvantaxe para afrontar unha posible infección. Pero en cambio somos tratados de igual xeito. Incluso sin readaptación do postro de traballo no caso das persoas que estamos en atención ao público” finaliza.

Solicitude de reincoporación por escrito

Fontes sindicais consultadas recomendan que se tramiten novamente as solicitudes de incapacidade temporal, aínda que sexan dengegadas. “Que o traballador ou traballadora teñan cando menos un documento ao que aferrarse no caso de que a súa incorporación ao traballo supuxera un risco para a súa saúde ou para a súa propia vida, no caso dun fatal desenlace.”

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...