InicioSociedadeO Instituto de Investigacións Mariñas participa nun estudo europeo contra a tuberculose

O Instituto de Investigacións Mariñas participa nun estudo europeo contra a tuberculose

Os resultados apuntan cara á importancia dos procesos relacionados coa resposta inmune innata nos inicios da infección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), con sede en Vigo, participa nun estudo de 14 socios europeos –no proxecto ‘H2020 Eliciting Mucosal Immunity on Tuberlosis’– que acaba de concluír na loita contra a tuberculose.

Os resultados apuntan cara á importancia dos procesos relacionados coa resposta inmune innata na loita contra os eventos iniciais da infección, segundo informa o CSIC este luns nun comunicado. A institución participa a través do grupo Química de Produtos Mariños.

O obxectivo é deseñar unha vacina mucosa que induza unha resposta inmune para a tuberculose, unha das enfermidades infecciosas máis letais, e proporcione unha inmunidade protectora de amplo alcance fronte a este patóxeno.

“A tuberculose, lonxe de ser unha enfermidade do pasado, continúa sendo un problema de saúde a nivel global. Estímase que polo menos unha cuarta parte da poboación mundial é portadora do bacilo que a causa, aínda que de forma latente”, explican a doutora Mónica Carrera Mouriño e o doutor Jesús Mateos Martín, investigadores do CSIC neste grupo.

Neste contexto, o labor do CSIC no proxecto, liderado por St George’s, University of London e que comezou en 2015, era a identificación, mediante estudos de proteómica cuantitativa, dun panel de biomarcadores específicos en distintos fluídos biolóxicos (soro, saliva e esputo) representativos de pacientes con tuberculose activa e de persoas sas ou coa enfermidade en estado latente despois de estar en contacto cun paciente con tuberculose pulmonar.

“Na fase latente os pacientes non poden infectar a outra persoa, non teñen síntomas e na maioría dos casos non desenvolven a enfermidade. As razóns polas cales o patóxeno se activa e provoca a tuberculose son aínda confusas”, destacan os investigadores.

Tras máis de catro anos de estudo, o CSIC observou, por unha banda, que os individuos resistentes ao contaxio co bacilo da tuberculose, “incluso estando en contacto cun paciente coa enfermidade activa, tiñan unha serie de proteínas relacionadas coa defensa fronte a patóxenos aumentadas en saliva e esputo”.

Por outra banda, acometeu un estudo centrado no sangue de pacientes con tuberculoses cuxos resultados preliminares apuntan á importancia do metabolismo no paso da fase de infección latente asintomática á activa.

ÚLTIMAS

O Goberno galego pensa en “todas as opcións” para a antiga estación de buses de Vigo, mesmo o derrubamentoe

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, asegurou que o Goberno galego planéase "todas as...

Abel Caballero afirma que Zona Franca está a “salvar a ETEA” co novo aparcadoiro ante a “inacción” da Xunta

O alcalde de Vigo e presidente do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, defendeu...

Asociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: “Levamos 40 anos pagando mentres outras autoestradas son gratuítas”

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) convocou unha manifestación o...

Ana Pontón e Abel Caballero denuncian o “colapso” das urxencias en Galicia e cargan contra a política sanitaria da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao PPdeG a "deixar de xogar...