InicioSociedadeAumentan a 586 os falecidos por COVID19 en Galicia

Aumentan a 586 os falecidos por COVID19 en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O falecemento doutra persoa nunha residencia de maiores elevou a 586 o número de mortos por coronavirus en Galicia (454 en atención hospitalaria e 132 en centros xeriátricos), segundo os datos trasladados este xoves pola Consellería de Sanidade.

Así, nas últimas horas rexistrouse un falecemento na residencia Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), o que eleva a 132 o número de mortes en centros xeriátricos. Ademais, outras 134 persoas falecidas con COVID ata o de agora están vinculadas a centros residenciais (pero morreron, ou ben en residencias integradas, ou ben en hospitais).

Por tanto, o número de vítimas do coronavirus relacionadas con centros residenciais é de 266, o que supón un 45,4 por cento do total de mortes por COVID en Galicia.

Ás persoas falecidas en residencias de maiores hai que sumar outras 454 en atención hospitalaria: 122 na área sanitaria da Coruña, 93 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 29 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

ÚLTIMAS

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...