InicioSociedadeOs bancos de alimento advirten da pobreza do COVID-19: "Esta crise vai...

Os bancos de alimento advirten da pobreza do COVID-19: “Esta crise vai ser bastante peor que a anterior”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Bancos de alimentos de Galicia aseguran ter nestes momentos alimentos e agradecen a solidariedade de empresas e particulares, así como a colaboración das administracións, pero alertan do “desafío” que suporán os próximos meses. Por iso, piden que “non cese” a solidariedade, convencidos, nalgún caso, que a situación xerada pola COVID-19 pode ser “bastante peor” que na última crise económica e que se poden ver un “pouco apertados” nos próximos meses.

“É un desafío que se nos presenta”, recoñece, a este respecto, o presidente do Banco de Alimentos de Vigo –con instalacións tamén en Pontevedra–, Pedro Pereira, quen cre que a situación vai ser “bastante peor que na última crise económica“.

“Hai xente para a que é o seu segundo mes sen cobrar, despedida polos ERTEs, a que vén da economía mergullada… e aí está o risco maior”. “E está a aflorar máis”, apunta en alusión a colectivos dos que considera que, a medida que avancen os días, vanse a ver “un pouco apertados”. Por iso, como os demais representantes de bancos de alimentos, incide en manter a colaboración de particulares, empresas e administracións nos meses seguintes.

E é que, aínda que nestes momentos todos os bancos de alimentos galegos aseguran dispor de lotes para distribuír, xa sexa de froitas e hortalizas como arroz, pasta, leite ou outros artigos, recalcan que a súa preocupación está en como afrontar o incremento da demanda que prevén e como seguir solicitando os alimentos que necesitan. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.


ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...