InicioVigo e contornaO PorriñoO trapicheo non entende de confinamentos

O trapicheo non entende de confinamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo estes días a un veciño de O Porriño de 29 anos, en posesión dunha pedra de cocaína, que unha vez cortada podería alcanzar as 300 doses por un valor de 8000 euros.

Este veciño, que contaba con antencedentes policias, foi detido nun control na rotonda de saída da autoestrada AP9. Os axentes puideron comprobar que non contaba con permiso de conducir, polo que foi imputado por un delito contra a saúde pública e outro contra a seguridade do tráfico.

A intervención foi levada a cabo por axentes da Unidade de Intervención Policia (U.P.I. VIII) da Comisaría de Vigo-Redondela.

O acusado pasou a disposición do xulgado de Instrución de garda en Redondela.

Controis na zona

Dende o mes de febreiro a Policía Nacional intensificou os controis policiais na área de Vigo e Redondela, como parte da reorganización efectuada na Comisaría para dar mellor cobertura e servizo ao concello de Redondela.

A policia Nacional mantén despregado un dispositivo de control de persoas e vehículos 24h dentro do Plan Especial de loita contra o tráfico medio de drogas.

A Policia Nacional dispón dun correo electrónico para que calquera cidadán poida efectuar denuncias anónimas sobre a existencia de puntos de venta de drogas. O correo é antidroga@policia.es

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...