InicioSociedadeCondenan a 36 anos de cárcere a "Papuchi" por abusar de varios...

Condenan a 36 anos de cárcere a “Papuchi” por abusar de varios mozos

Mostrábase "como un home de éxito" e gañábase a confianza dos mozos, que o vía como "modelo a seguir"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado polo hostaleiro vigués Carlos V., coñecido como ‘Papuchi‘, e ratificou a condena de 36 anos de prisión imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra, por abusar sexualmente de varios mozos.

Este hostaleiro foi condenado pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, a penas que suman 36 anos de cárcere, como autor de tres delitos continuados de abusos sexuais sobre menores de 16 anos, dez delitos de abusos sexuais con prevalimento, un delito de abuso sexual sobre menor de 16 de anos, e dous delitos de abuso sexual sobre maior de 16 anos con prevalimento.

Segundo considerou probado o tribunal provincial, Carlos V. valeuse da súa posición como hostaleiro, dono dun local con gran afluencia de xente nova, para gañarse a confianza dos mozos, aos que convidaba a cear, a tomar copas, a pasear no seu barco ou no seu coche, e dos que abusaba sexualmente.

A súa representación procesual presentou recurso de apelación ante o alto tribunal galego, alegando que se quebrantaron as garantías procesuais, xa que as actuacións partiron dunha conversación privada entre un policía e a dirección dun Colexio (por un asunto de drogas) e, acabaron desembocando na investigación por abusos. Nese ‘impass’, non se comunicaron actuacións á autoridade xudicial, segundo argumenta a defensa.

OUTROS ARGUMENTOS REXEITADOS

En canto á presunción de inocencia que pide o investigado, os maxistrados aseguran que queda invalidada polos argumentos e a solidez do testemuño dos afectados, que “desmontan a versión do acusado”.

A ese respecto, o alto tribunal móstrase de acordo coa valoración realizada pola Audiencia, que considera que as alteracións ou contradicións non esenciais nas que puideron incorrer os menores son “mostra da falta de automatismo das súas declaracións”. Todos eles describen “situacións coincidentes sobre como se gañaba a súa confianza o sospeitoso, a forma de integrarse nas redes sociais, as invitacións, os paseos en barco e coche, as masturbacións en grupo e tocamentos, etc.”.

Na súa resolución, os maxistrados tamén lembran que a sentenza condenatoria incide nas contradicións en que incorre o hostaleiro que, non só negou os feitos, senón que chegou a afirmar que non coñecía a algunha das vítimas.

Por outra banda, o TSXG sinala que a ausencia de fotos comprometedoras no envorcado dos móbiles non significa que non as enviou e lembra que os menores declararon que o acusado lles remitía imaxes súas, espido, con ereccións, e que lles pedía a eles que fixesen o mesmo.

Finalmente, o alto tribunal tamén rexeita a pretensión do apelante de enmarcar na “normalidade” o consumo de alcol e condutas sexuais entre menores a partir de 12 anos, e lembra que o comportamento dos mozos é “irrelevante”, dada a gran diferenza de idade entre estes e o acusado (entre 24 e 27 anos). Esta diferenza, sinala o TSXG, “determina por si soa unha desproporción ou asimetría que, unida ao modus operandi, entraña prevalimento”.

O tribunal describe que o apelante mostrábase “como un home de éxito, con boa posición económica e moito poder”. Desta forma, conseguía que os menores, que o vían “como modelo a seguir”, aceptasen, para manter esa situación que crían privilexiada, as súas propostas de contido sexual, as cales realizaba en grupos reducidos.

ÚLTIMAS

Falece a ‘señora Alicia’, icona do Festival de Cans

Alicia Sánchez, a 'señora Alicia', icona do Festival de Cans e unha das veciñas máis...

Lores ofrece a Abel Caballero unha “fronte común” para esixir ao Goberno que a AP-9 sexa gratis entre ambas cidades

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), anunciou que chamará ao seu...

Constituída en Mos unha comisión con integrantes políticos, técnicos e veciños contra o novo trazado da A-52

O Concello de Mos acolleu este luns a sesión constitutiva e primeira reunión dunha comisión de...

O PP de Vigo pide a Caballero “claridade” sobre o novo recibo do lixo, “que prevé subidas de ata o 18 %”

O grupo municipal do PP de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que "abandone...