InicioSociedade"Dar un paseo é dar un paseo" pero onde podemos ir cos...

“Dar un paseo é dar un paseo” pero onde podemos ir cos cativos?

O ministro de Sanidade rectifica as declaracións da portavoz do sobre as saídas dos cativos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Salvador Illa, aclarou esta tarde que como Ministro de Sanidade permitirá aos menores de 14 anos dar paseos a partir do próximo domingo 26 de abril, nunha comparecencia telemática na Moncloa, que rectifica a medida anunciada pola ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, que limitaba as saídas para acompañar aos adultos para realizar tarefas esenciais, como acudir “ao supermercado, á farmacia ou acudir ás entidades bancarias.” Algo que, na práctica, xa ocorría con quen non podían quedarse na casa só.

lla precisou que “dar paseos” é “dar paseos” e que nos próximos días regularanse as condicións dos mesmos, como a ditancia ou o tempo máximo. “Este é un Goberno que escoita. A fin de semana emitirei unha instrución para que os menores de 14 anos poidan dar paseos”, asegurou, engadindo que, de aprobarse mañá a ampliación do decreto de alarma, esta medida de “alivio” poderase exercer desde o mesmo domingo 26 de abril.

Máis información en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...