InicioSociedadeA Brilat desinfecta o Aeroporto de Vigo

A Brilat desinfecta o Aeroporto de Vigo

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, no ámbito da 'Operación Balmis', posta en marcha con motivo da crise sanitaria do COVID-19, despregará este luns unidades da Brilat para diversas misións, entre elas labores de desinfección do Aeroporto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, no ámbito da ‘Operación Balmis’, posta en marcha con motivo da crise sanitaria do COVID-19, despregará este luns unidades da Brilat para diversas misións, entre elas labores de desinfección do Aeroporto de Vigo.

Segundo informou a Brilat, este luns os equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) van realizar labores de desinfección no Aeroporto de Vigo. Ademais teñen previstas misións de presenza e recoñecemento nas localidades de Ponte Caldelas, Mos, Oia, Cesantes e Vilarchan.

A estas súmanse misións de apoio co despregamento da estación de triaje no Hospital Universitario Central de Asturias en Oviedo (HUCA) e a colaboración coa Garda Civil no control fronteirizo no límite de Galicia con Portugal nas provincias de Pontevedra e Ourense, con patrullas móbiles.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...