InicioPolíticaO BNG esixe que se "depuren responsabilidades" pola xestión da crise en...

O BNG esixe que se “depuren responsabilidades” pola xestión da crise en residencias

Lamenta a "inacción" da Xunta ante unha "situación límite" que "desprotexeu un colectivo vulnerable" ante o coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) condenou a xestión da crise sanitaria do COVID-19 realizada nas residencias de maiores da área de Vigo e esixiu que se “depuren responsabilidades”.

Mediante un comunicado conxunto, os portavoces da formación en Vigo, Cangas e Nigrán, Xabier P. Igrexas, Mercedes Giráldez e Xavier Rodríguez, mostraron o seu apoio ás familias dos usarios das residencias de Barreiro, Aldán e Patos destas localidades e lamentaron que o traslado de persoas non contaxiadas por COVID-19 á última fose “tardía”.

Ademais, afirmaron que o feito de que se detectaron dous positivos na residencia de Nigrán habilitada para persoas non infectadas mostra a “improvisación” desta medida por parte do Goberno galego, así como que foi tomada sen as “suficientes” garantías.

Así mesmo, lamentaron a “inacción” da Xunta ante unha “situación límite” que “desprotexeu un colectivo vulnerable” ante o coronavirus e puxo “en risco” os usuarios e traballadores de residencias de maiores.

Do mesmo xeito, os portavoces do BNG na zona criticaron a “falta de información” proporcionada en relación ao modo no que se desenvolveu a intervención das residencias de Barreiro e Aldán. A ese respecto, aseguraron que se procedeu á derivación hospitalaria de usuarios sen remitirse “información completa ás súas familias”, así como que non se concretou o número de traballadores cos que se reforzou a atención nestes centros.

Así mesmo, lembraron que a formación frontista reclamou que se atendesen as demandas do persoal destas residencias para corrixir as “deficiencias detectadas” nelas, como a carencia de zonas de illamento para infectados e a falta de comunicación coas familias destes.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...