“Porse a disposición da Xunta para incorporarse de xeito inmediato para continuar as súas labores pero en residencias xeriátricas por necesidades do servizo” Esa é a chamada que recibiu o persoal laboral de limpeza e auxiliares de coidados en centros educativos da Xunta da área de Vigo a pasada semán, sen apenas posibilidade para opoñerse.
A labor asignada non sería a limpeza dos seus institutos ou centros escolares onde traballaban ate o día 16 de marzo, se non nas residencias de anciáns privadas intervidas pola Xunta de Galicia a causa das infeccións e falecementos por COVID19.
Unha destas traballadoras asegurou a esta redacción que incluso poderían ter que desprazarse ata Ourense para realizar os traballos, e que non atenden a razóns sobre as limitacións que poidan ter.
Segundo puido saber Xornal de Vigo éstas traballadoras non teñen formación en prevención de riscos laborais, non recibiron formación no momento do chamamento para incorporarse, nin teñen experiencia en coidados xerontolóxicos no caso das auxiliares de coidados en centros educativos. “É un sin sentido. Unha loucura que nos manden así. Parecemos os “liquidadores” de Chernóbil, que apenas sabemos poñer unha mascarilla e xa estamos preparadas para traballar” sinala Remedios (nome ficticio) limpiadora nun centro escolar da área de Vigo que prefire preservar a súa identidade por medo a represalias.
“No meu caso teño á miña nai maior ao meu cargo, con moitas doenzas e nin se quera me deron opción de alegar dada a miña condición de persoa vulnerable recollida nos tres supostos das directrices da propia Xunta pola emerxencia sanitaria do coronavirus. Tiven que acudir ao meu sindicato para advertirlles do que estaba a pasar, para que me axuden e non me penalicen por non presentarme no posto de traballo.” asegura.
“É todo unha improvisación e unha irresponsabilidade por parte da Xunta, como fixeron dende o principio cando suspenderon as clases e esqueceron engadir nas directrices ao persoal non docente, deixando a criterio das direccións dos centros a decisión sobre a nosa asistencia ou non aos postos de traballo. Unha irresponsabilidade” engade.
CIG denuncia ante a Inspección de Traballo
A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a Consellería de Política Social pola chamada precisamente para traballar na residencia de maiores ‘Nosa Señora de Fátima’ do Barco –intervida pola Xunta— a seis auxiliares de coidados de centros educativos “sen ningunha experiencia nin formación en atención a maiores”.
Neste sentido, a central nacionalista asegura que Política Social “non proporcionou formación en prevención de riscos laborais” para traballar con infectados por coronavirus nun centro que, a pesar de ser intervido pola administración tras detectar un centenar de casos entre usuarios e persoal, mantén “a mesma dirección”.
Así, cren “cuestionable” que o “responsable do centenar de contaxios” que supuxo a intervención da Xunta se encargue “da aplicación das medidas de prevención de riscos laborais, se as hai”.
En canto ás traballadoras, a CIG afirma que chegaron ao centro o pasado xoves 8 de abril. Segundo a central, que achega o testemuño das empregadas, recibiron un pixama e un EPI “con apenas cinco minutos de presentación e sen explicación da súa colocación”.
Tampouco, continúan, lles deron formación “específica” sobre as tarefas a desempeñar “e moito menos” formación de prevención de riscos laborais.
Por outra banda, a CIG cre que a articulación dun comité de expertos para deseñar a saída á crise do coronavirus anunciada pola Xunta supón “un desprezo” ás instuciones sociais “creadas a tal fin”, como son o Consello Económico Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CRGL). Nun comunicado, o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, incidiu en que entre as fuciones do CES e o CRLG están as encomedadas a este comité, polo que “habería que respectar as atribucións” a estas entidades.
