O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), Miguel Ángel Vázquez, avisa ás autoridades de saúde pública que manter nas residencias a anciáns que contraeron o COVID-19 “pode ter responsabilidades penais” por “desatención sanitaria”.
Nunha entrevista concedida a Europa Press, o dirixente deste colectivo de profesionais insta as familias dos usuarios dos xeriátricos a “denunciar en vía penal” aos responsables sanitarios, aínda que admite que “aínda non é o momento” de xudicializar a situación.
Toda a información en Galicia Confidencial
