InicioSociedadeÉ suficiente a distancia de dous metros para andar en bicicleta ou...

É suficiente a distancia de dous metros para andar en bicicleta ou correr?

PUBLICADO O

En moitos países andar en bicicleta e correr son actividades permitidas nestes tempos de confinamento pola pandemia do coronavirus. Con todo, estas actividades entrañan máis riscos que os desprazamentos en coche ou camiñando. Esta é a conclusión á que chegan os estudos de dúas universidades belga e holandesa – Katholieke Universiteit Leuven (Bélxica) e a Eindhoven University of Technology (Holanda).-.

A típica regra de distanciamento social que moitos países aplican, entre eles España, é a regra dos dous metros, que semella efectiva só cando as persoas están paradas e con vento calmo. Pero qué pasa cando a persoa que levas diante vai correndo ou en bicicleta?. Cando alguén durante unha carreira respira, estornuda ou tose, esas partículas quedan atrás no aire. A persoa que vai detrás de ti no chamado “canle de desprazamento” atravesa esta nube de pingas con carga vírica (no caso de que a persoa que vaia diante sexa portadora, incluso asintomática).

Os investigadores chegaron a esta conclusión simulando a aparición de partículas de saliva de persoas durante o movemento (camiñar e correr) e isto desde diferentes posicións (unha ao lado da outra, en diagonal unhas detrás das outras). Normalmente este tipo de modelado úsase para mellorar o nivel de rendemento dos atletas, xa que permanecer no outro fluxo de aire é moi eficaz. Pero cando a análise faise con un posible enfermo asintomático de COVID-19 a recomendación é quedar fóra da canle de “desprazamento”, segundo a investigación.

Os resultados da proba fanse visibles en varias animacións gráficas. A nube de pingas que deixa unha persoa é claramente visible. “As persoas que estornudan ou tusen difunden pingas cunha forza maior, pero tamén as persoas que só respiran deixan partículas atrás”

Simulación trotando en liña unha detrás da outra | Fonte: © KU Leuven e TU Eindhoven.

Os puntos vermellos da imaxe representan as partículas máis grandes, os de maior posibilidade de contaminación, pero tamén as que caen máis rápido ao chan. “Pero cando atravesas esa nube, poden quedar impregnadas na túa roupa”, segundo o profesor Bert Blocken.

Cando as persoa sitúanse unha detrás da outra, pero en diagonal, o risco é menor, quedando as pingas con máis carga vírica por detrás dos dous corredores.

Simulación trotando en diagonal unha detrás da outra | Fonte: © KU Leuven e TU Eindhoven.

Polo tanto o risco de contaminación sempre é o maior cando a xente está xusto detrás das outras, no cauce de desprazamento.

Como camiñar pola rúa

Esta análise tamén sería aplicable para as persoas que camiñan unha detrás da outra. Seguir a regra dos 2 metros de separación sería totalmente insuficiente polo mesmo motivo. A distancia recomendada sería cando menos de 4 ou 5 metros, nun día sen vento, e sempre camiñando en diagonal.

Que acontece coas bicicletas?

En base a estes resultados, os científicos aconsellan que as persoas que se desprazan en bicicleta a unha velocidade moderada debrían manter 10 metros de distancia coa persoa que levan detrás; e se a velocidade é intensa a distancia tería que ser polo menos de 20 metros. Para adiantar ás persoas habería que ir colocándose en carrís distintos antes de chegar aos 20 metros.

Un punto máis a favor do uso de máscaras para os desprazamentos para toda a poboación e máis motivos para quedar na casa o máximo posible e manterse a salvo.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...