InicioSociedadeARVI apraza ata setembro o 'VII Conferencia Internacional sobre o futuro da...

ARVI apraza ata setembro o ‘VII Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca’

Os armadores de Vigo lembraron que o cambio climático e a interacción da pesca son un "asunto crucial" para este sector, que "mesmo cobrou maior relevancia no marco da actual crise mundial polo COVID-19".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) confirmou este mércores o adiamento, ata o próximo mes de setembro, do ‘VII Conferencia Internacional sobre o futuro da Pesca’, debido á crise sanitaria pola pandemia de coronavirus.

O Consello Reitor da Cooperativa de Armadores decidiu pospor esa cita, que se celebra anualmente desde 2014 e que este ano estaba prevista para os días 22 e 23 de xuño. Finalmente, se non hai cambios, terá lugar o 14 e o 15 de setembro.

Na edición deste ano, esa conferencia centrarase na pesca “ante o cambio climático”, o “impacto, adaptación e mitigación” dese cambio nesta actividade. O adiamento da conferencia, segundo ARVI, “retomar con normalidade a organización da mesma, ademais de poder contar coas contribucións dos expertos convidados no seu momento para participar como relatores e como membros das mesas redondas”.

Os armadores de Vigo lembraron que o cambio climático e a interacción da pesca son un “asunto crucial” para este sector, que “mesmo cobrou maior relevancia no marco da actual crise mundial polo COVID-19”.

“Entender que algúns enfoques quizais deban modificarse a futuro, e a importancia de definir unhas liñas de traballo nas que o sector pesqueiro poida participar activamente contribuíndo a mitigar o cambio climático, son asuntos da máxima relevancia que seguro se abordarán na conferencia que levará a cabo o próximo mes de setembro”, trasladaron desde a Cooperativa.

Por outra banda, ARVI sinalou que a actual crise sanitaria “está a pór de manifesto” que garantir o mantemento da actividade extractiva das frotas e o abastecemento de peixe á poboación mundial “deben ser cuestións estratéxicas no ámbito da política alimentaria”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...