InicioSociedadeCIG denuncia que o SERGAS deixa sen contrato ao persoal sanitario eventual...

CIG denuncia que o SERGAS deixa sen contrato ao persoal sanitario eventual que contrae o COVID19

Denuncian a hipocrisía de Núñez Feijóo por calificar a estes traballadores sanitarios como "heroes" e penalizalos unha vez están infectados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Apesares da situación de pandemia que se está a vivir na sanidade e do traballo que hai nas unidades chamadas de COVID, o SERGAS segue a contratar ao persoal para estas unidades e resto de servizos por días, semanas ou por períodos curtos de tempo, en vez de facer un único contrato mentres dure a situación.”

Así o denunciuo este martes a central sindical de CIG-Saúde, que denuncia ademais que o que está a facer o SERGAS é non prorrogar o contrato do persoal temporal que traballa nas unidades de COVID, se están cunha baixa por incapacidade temporal (IT) por contaxio do virus. O que, segundo explica a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, “no ámbito da empresa privada chamariamos despido”.

O sindicato esixiu no seu comunicado que o SERGAS renove os contratos a todo o persoal que se atopen de baixa, o que segundo segundo Abuín pode facerse “mediante un alta administrativa na Seguridade Social”. Un sistema que lembra que xa está acordado na mesa sectorial para os casos de baixa por maternidade.

“Custou traballo que o SERGAS utilizase a fórmula de alta administrativa para a maternidade, mais non imos cesar até que isto tamén se aplique ao persoal eventual de baixa por incapacidade temporal por contaxio”, asegura Abuín.

“Cando estas traballadoras e traballadores se recuperen do contaxio do virus, volverán a traballar con toda a intensidade que a situación require nas unidades de COVID, nas UCIs e no resto de servizos da sanidade pública. Iso si, seguirán instauradas na precariedade laboral e nos contratos por días”, denuncia.

Dobre penalización

Segundo a CIG con esta medida o SERGAS ocasiónalle unha penalización a estas persoas, xa que ao non ter vínculo laboral, o período de incapacidade temporal non vai ser computado como servizos prestados a efectos de baremación nos procesos de selección temporal e nas oposicións públicas.

“Este é o premio do SERGAS ao persoal temporal, se te contaxias do virus no desempeño do teu posto de traballo, penalización no recoñecemento dos servizos prestados, xa que estes só se bareman cando existen un vínculo laboral”, lamenta Abuín.

En referencia ás declaracións do presidente Feijóo calificando aos traballadores sanitarios como “heroes” Abuín sinala que “en toda historia hai heroes e viláns. Se as traballadoras do SERGAS son heroinas xa sabemos entón cal é o seu papel” en referencia ao presidente.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...