InicioSociedadeO CAPD de Redondela suma cinco novos positivos: tres en usuarios e...

O CAPD de Redondela suma cinco novos positivos: tres en usuarios e dous en empregados

Xa hai 31 residentes e 18 traballadores contaxiados neste centro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos en en Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela seguen en aumento ao rexistrarse tres novos positivos en usuarios e dous máis entre os empregados.  En concreto, xa hai 31 residentes e 18 traballadores contaxiados neste centro.

En total, nos CAPD de Galicia súmanse 49 usuarios contaxiados. Sete no CAPD de Sarria, catro en residencia Amicos de Boiro, tres na Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei, dous en Santa Cruz San Rosendo de Ourense, un en Aspronga de Oleiros e un en Aixiña de Ourense.

En canto aos traballadores, hai un total de 39 infectados por esta enfermidade en Galicia. Detectáronse en Sarria (11), Aixiña (2) e un caso en cada unha das seguintes residencias: CAPD A Coruña, Amicos (Boiro), APAMP de Vigo, Souto de Leixa (Ferrol), Coral Seoane (Ferrol), DomusVi Bóveda, San Vicente de Paúl (Lugo) e Vivenda Tutelada Ágora (Monforte).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...