InicioSociedadeA historia de Verónica, paciente de Redondela recuperada, e mais a súa...

A historia de Verónica, paciente de Redondela recuperada, e mais a súa sogra, falecida por Covid-19

Verónica, de 43 anos, comezou a notar síntomas pero dixéronlle que tiña que esperar pola proba por trataarse dunha persoa nova. "Dixéronme que daba igual, aínda que vivise cunha persoa dependente", relata. Esa persoa era a nai do seu marido, que finalmente tamén desenvolveu a enfermidade e ingresou no Álvaro Cunqueiro. "A ela nin a intubaron. No Cunqueiro teñen un límite de idade", segue esta redondelá, que pide á xente que quede nas súas casas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A historia de Verónica Fernández é a dunha nai nova, de 43 anos, que superou a enfermidade por coronavirus tras estar ingresada varios días no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde o persoal mantivo un trato “súper agradable”.

A súa sogra, de 75 anos e con dependencia, loitou á vez que ela contra o virus, pero non logrou vencelo. “Non a chegaron a intubar“, sinalou en declaracións a Europa Press esta paciente residente en Redondela que, aínda que defendeu que o persoal “se desvive pola xente maior, para que non lles falte de nada”, apuntou que á súa familiar non chegaron a tratala na UCI.

No seu relato, Verónica Fernández afirmou que o persoal sempre contou con equipos de protección e considerou que o protocolo para preservar a seguridade das persoas que se segue neste centro hospitalario é “unha pasada”. Ela sentiuse segura en todo momento, lembra, e puido comunicarse cos seus fillos de 9 e 6 anos por videoconferencia.

Pero mentres ela loitaba contra o seu principio de pneumonía, a súa sogra faleceu no mesmo hospital. A muller, de 75 anos, era unha persoa “moi dependente” á que Verónica, coa axuda doutra persoa contratada no fogar, coidaba a diario na súa casa. Tíñaa que levar da man ao cuarto de baño e aseábaa e cambiábaa a diario, polo que o contacto era moi estreito.

“A primeira en notar síntomas fun eu”, manifestou a Europa Press. Foi en torno ao sábado 21 de marzo, unha semana despois de que se decretase o estado de alarma, e o primeiro que notou foi unha “dor de cabeza horrible” e “febre”. En cando á súa sogra, percibiu cambios, como que lle custaba camiñar.

O día 25, a nai do seu marido foi ingresada e, dous días despois, Verónica Fernández acabou indo a urxencias, onde lle fixeron a proba para saber se tiña Covid-19 e deixárona internada por principio de pneumonía. Verónica Fernández chamara antes ao teléfono de atención e dixéronlle que “como era nova” e aínda que os seus síntomas “entraban dentro” da clínica por coronavirus, tiña que esperar pola proba.

AS PROBAS QUE NON CHEGAN

Dixéronme que daba igual, aínda que vivise cunha persoa dependente”, manifestou a Europa Press. De feito, afirmou que o seu sogro, tamén de 75 anos, está agora illado na planta de abaixo da súa vivenda para evitar posibles contaxios, pero a pesar de ser grupo de risco non lle fixeron o test. “Agora mesmo estamos a esperar e non lle fan a proba. Estamos cansos. E non hai maneira. Non veñen“, aseverou.

Un día despois do ingreso da súa sogra, Verónica Fernández púxose “moi mal”. Tiña “febre” e perdeu “o coñecemento”, ademais de presentar “tose”. Chamou e informou de que o seu parente estaba no hospital con Covid-19 e dixéronlle que a deixaban en espera para facerlle a proba: “non me chamaron”. Finalmente, o sábado 28 foise “directamente a urxencias” e tras facerlle as probas, internárona no hospital, onde permaneceu catro días.

A semana anterior a ter os primeiros síntomas, segundo o testemuño que trasladou a Europa Press, a empregada de fogar que traballaba na súa casa notara malestar. “Déronlle algo, antibióticos, e estivo na casa, pero á semana dixéronlle que podía traballar e non lle fixeron a proba”, explicou.

“LÍMITE DE IDADE”

“A miña sogra era unha persoa moi dependente, non a chegaron a intubar. No Cunqueiro teñen un límite de idade, tes que ser (o enfermo) autónomo. E iso que tiña unha familiar que traballa dentro. Pero non houbo maneira (de que a intubasen)”, revelou respecto diso de que, segundo dixo, á súa sogra non a chegaron a levar á UCI pola súa situación de saúde previa.

Ademais, preguntouse a quen fan os test. “Non se fan as probas. Non sabemos a quen llas fan”, avisou Verónica Fernández. Ao meu marido, que estivo coa miña sogra en urxencias antes de que a ingresasen, dixéronlle “da noite para o día”, tras o positivo da señora maior, que “fose traballar, que podía”. No entanto, engadiu, o médico de cabeceira recomendoulle que quedase en casa, onde tamén manteñen vixilancia aos dous menores.

“Emocionalmente eu estiven ben no hospital, facía videochamadas cos nenos, aínda que non é o mesmo que velos. Coa miña sogra deino todo e máis”, manifestou esta paciente recuperada, para a que a enfermidade non foi “moi dura” con ela. “Eu non fumo, saturei ben sempre e non necesitei máscara”, relatou Fernández, quen explicou que a ela lle trataron con medicamentos para a “malaria e lupus”.

“QUE A XENTE QUEDE NA SÚA CASA”

Verónica Fernández recomenda á xente que “quede na súa casa” e considera que cada un se coñece a si mesmo e “sabe cando ten que ir” a urxencias. Cando ela acudiu, dixo, eran as seis da mañá “e non había ninguén”.

Ademais, propón que xunten a todos os enfermos con sospeita de coronavirus nun único centro hospitalario, onde “fagan as radiografías á xente” e noutro hospital, que estean as persoas que non teñen nada. “Cantos hospitais hai en Vigo?”, preguntouse, para suxerir que deixen o resto para xente “sa” (sen coronavirus).

Agora tócalle recuperarse na súa casa e fanlle seguimento médico telemático. No seu domicilio está “illada” do resto da familia e así ten que permanecer 15 días, desde o pasado mércores que recibiu a alta. “Que a xente quede en casa, que non saia , que non se expoña. É súper contaxioso, e os mozos tamén caen“, sentenciou.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...