InicioSociedadeChamamento desesperado das protectoras de animais

Chamamento desesperado das protectoras de animais

A situación é crítica: as adopcións e acollidas están paralizadas e os recursos son mínimos ante a falla de axudas das administracións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A situación actual é a paralización de adopcións e acollidas de animais, agás casos urxentes, mentres dure o estado de alarma”. Así describen a este xornal, desde a Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, en Ponteareas, as principais medidas adoptadas para facer fronte ao estado de alarma decretado para combater a crise do coronavirus SARS-CoV-2.

Outro dos problemas que enfrontan é que tampouco poden poñer o seu habitual posto dos sábados no mercado de Ponteareas nin os postos de comida que ían poñer nas festas da Reconquista e Brincadeira, polo que se curtaron vías de axudas fundamentais para eles.

“Tivemos que facer un chamamento para que a xente nos axudara e poder pagar o pienso e os gastos veterinarios e farmacéuticos dos animais, xa que eles seguen comendo e poñéndose enfermos”, explican.

Con todo, din que, “por sorte, a xente respondeu, xa que non temos apenas axudas públicas nin vimos que se tomara ningunha medida polas administracións para axudar ás protectoras”, lamentan.

En canto ás novas que circulan sobre abandonos de animais nestas datas, por mor desta crise sanitaria e do estado de alarma, aseguran que no seu caso non teñen detectado mais abandonos. “E agardamos que non haxa máis tampouco cando remate o estado de alarma”, din.

Tampouco teñen coñecemento de que se estean alugando cans por parte de xente para saír á rúa, como se ten denunciado.

A mensaxe que queren trasladar desde Os Biosbardos ao conxunto da sociedade e das autoridades, nestes momentos críticos, é “a mesma de sempre”, que “hai que loitar contra o abandono mediante a denuncia cidadá, acollidas, adopcións e esterilización dos animais”.

“Neste sentido cremos que as administracións terían que involucrarse máis e facer campañas de esterilización dos animais a prezos reducidos, sobre todo no rural, onde aínda hai moito descoñecemento”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...