InicioSociedadeCase o 9% dos mortos en Galicia concéntranse nas residencias de Vigo...

Case o 9% dos mortos en Galicia concéntranse nas residencias de Vigo e Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As residencias que DomusVI en Vigo en Cangas suman xa once mortes, cinco na DomusVi Aldán e seis na DomusVi Barreiro, aínda que os familiares elevan a cifra desta última a sete nos dous casos, co cal serían trece os mortos. Uns números que fan que só nestes dous centros se concentren máis dun 9% dos 130 mortos que hai en Galicia na mañá deste xoves 2 de abril.

De feito, Vigo e Cangas suman case o 35% das mortes rexistradas en residencias en toda Galicia, que son, a estas horas de 32. Un número que representa o 25% das mortes por coronavirus rexistradas, o que representa que os protocolos dos centros e da propia Xunta non funcionaron axeitadamente neste tipo de residencias, especialmente, nos primeiros momentos da difusión da pandemia.

E este número, desafortunadamente, pode aumentar drasticamente nos vindeiros días, xa que hai 428 maiores contaxiados, algúns deles xa con “coidados paliativos”. E deles, 176, son de Vigo e de Cangas, 72 usuarios contaxiados no primeiro e 104, no segundo. En total, o 41% dos contaxiados en residencias está nestes centros.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...