InicioSociedadeChapela, o outro gran foco do contaxio da área de Vigo por...

Chapela, o outro gran foco do contaxio da área de Vigo por falta de material e protocolos

A 3 dos casos contaxiados tiveron que trasladalos ao hospital e aproximadamente 15 son traballadores do centro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores xa advertiran do que podía acontecer por tomar “tarde e mal” as medidas hixiénicas pertinentes após do primeiro residente contaxiado. Hai xa 41 casos confirmados, entre os que ademais de residentes ou traballadores, está o director do CAPD, o seu chófer e dúas coordinadoras. É o segundo gran foco de contaxio da área de Vigo, tras o da residencia DomusVI Barreiro.

Os da segunda planta, onde se atopaba o primeiro positivo e na que os traballadores demandaban unha desinfección que tardou 3 días en chegar, “caeron case todos“, sinala unha traballadora do centro. En total, son 26 residentes contaxiados e 15 traballadores.

Ademais, dos 41 infectados houbo a 3 aos que trasladalon ao hospital. Na única planta onde non houbo infectados foi a terceira, a onde non chegara o primeiro contaxiado.

O CORONAVIRUS VIU DE FÓRA

Os traballadores demandaban tamén facerlle as probas a todos desde o primeiro contaxio. “O primeiro infectado foi a raíz dun de nós, xa que el non saiu desde máis dun mes do centro”, sinala a mesma coidadora. “O peor é o risco que somos para as nosas familias e á sociedade cada vez que entramos e saímos do centro sabendo que o virus está dentro“, lamenta.

Ademais, os traballadores quéixanse de que as máscaras con pantalla foran doazóns persoais e non outorgadas pola adminitración. O persoal do centro só tíña coma EPI outorgado polo CAPD -competencia da Xunta- unha máscara de tea para todo o día.

AS BAIXAS E NOVAS INCORPORACIÓNS

Aproximadamente, contabilízanse xa en 15 coidadores infectados. Isto xerou un clima de medo no plantel e moitos traballadores colleron baixa por estrés no seu momento. Agora, houbo persoal novo que entrou no centro.

Segundo as mesmas fontes, “se hai máis baixas ou contaxios, os traballadores fixos da terceira planta baixarán a axudar na segunda e na primeira”. Con todo, mesma coidadora, destaca a boa labor dunha coordinadora que se implementou ao centro “polo seu propio pé e aumentando as horas”, extremando as medidas de precaución.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...