InicioSociedadeOutras 94 denuncias elevan a 463 as propostas de sanción da Policía...

Outras 94 denuncias elevan a 463 as propostas de sanción da Policía Local de Vigo por infrinxir o decreto de alarma

Son sancións por estar na vía pública sen xustificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou esta fin de semana outras 94 propostas de sanción contra cidadáns que infrinxiron o Real Decreto do estado de alarma, co que o número de denuncias tramitadas por este corpo policial desde que entrou en vigor a situación de excepcionalidade é de 463.

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, nunha comparecencia na que concretou que as denuncias impostas o sábado foron 56, mentres que o domingo tramitáronse outras 38. Tratouse, segundo sinalou, de sancións por estar na vía pública sen xustificación.

Ademais das propostas de sanción, segundo lembrou o rexedor, a Policía Local mantivo o seu labor de control de vehículos, e sinalou que, durante o fin de semana, “paráronse” 42 coches na rúa Urzáiz, e “todos” estaban a circular por motivo xustificado.

A cidade séguese comportando ben, con racionalidade, cordura e sentido común”, celebrou Caballero, quen volveu lembrar que se seguirá multando “os poucos que non son cívicos e poñen en perigo a súa vida e a dos demais”.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...