InicioSociedadeOs controis para acceder a Vigo serán máis intensos durante a fin...

Os controis para acceder a Vigo serán máis intensos durante a fin de semana

Abel Caballero apuntou que se instalaron colectores con fechadura xunto a varios hospitais co obxectivo de que só poidan ser utilizados polo seu persoal e lembrou que foi a concesionaria deste servizo a que os ofreceu de modo gratuíto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os controis policiais realizados nos puntos de acceso á cidade, así como nas zonas de saída, para evitar desprazamentos que infrinxan o estado de alarma imposto para conter a expansión do coronavirus intensificaranse durante este fin de semana.

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que lembrou que esta vixilancia xa levou a cabo o pasado fin de semana. Deste xeito, incidiu na necesidade de que as persoas respecten o confinamento “porque ninguén está libre de contaxiar ou ser contaxiado”.

Así mesmo, o alcalde precisou que, este xoves, a Policía Local denunciou a outras 32 persoas por incumprir o estado de alarma decretado, o que eleva a 355 as sancións que se tramitarán por este motivo. Durante o mesmo día tamén se identificou a 139 viandantes e a 280 condutores de vehículos na cidade.

Noutra orde de cousas, Abel Caballero apuntou que se instalaron colectores con fechadura xunto a varios hospitais co obxectivo de que só poidan ser utilizados polo seu persoal e lembrou que foi a concesionaria deste servizo a que os ofreceu de modo gratuíto. Así, indicou que se colocaron 30 colectores xunto ao Hospital de Fátima e 12 no de Povisa dado que os centros públicos indicaron que non os precisaban ao dispor dun sistema distinto de recollida de residuos.

Por outra banda, o rexedor lembrou que desde este sábado eliminarase o cobro en efectivo no transporte urbano da cidade, ao que se deberá acceder a través da porta traseira para evitar contagios por coronavirus. Do mesmo xeito, apuntou que se puxeron en marcha distintas medidas de seguridade no servizo, como a instalación de biombos para illar aos condutores e a limitación do aforamento dos autobuses.

Tamén precisou que o Goberno central solicitou información ao Concello sobre o número de condutores cos que conta o transporte urbano para dotalos de máscaras protectoras.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...