InicioSociedadeAbel Caballero esixe á Xunta a gratuidade para aparcar no Álvaro Cunqueiro

Abel Caballero esixe á Xunta a gratuidade para aparcar no Álvaro Cunqueiro

A ese respecto, subliñou que o Concello construíu, á beira deste centro sanitario, un aparcadoiro con 450 prazas gratuítas e que construiría outro se o Sergas cedese unha parcela no acceso ao hospital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou á Xunta a que implante a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro, nun “momento de pico de asistencia aos hospitais do Sergas” debido á crise sanitaria do coronavirus.

Nunha comparecencia de prensa, o rexedor olívico lembrou que o goberno municipal decidiu suspender a zona azul de aparcadoiro de pago e por iso instou á administración autonómica a tomar a medida “moi conveniente” de establecer a gratuidade do parking do hospital. “É imprescindible”, resolveu.

A ese respecto, subliñou que o Concello construíu, á beira deste centro sanitario, un aparcadoiro con 450 prazas gratuítas e que construiría outro se o Sergas cedese unha parcela no acceso ao hospital.

Caballero tamén puntualizou que o servizo de guindastre municipal non está a traballar como o fai habitualmente e que as retiradas de vehículos da vía pública fanse só en casos de “emerxencia”, como cando están estacionados en saídas de garaxes, encima de beirarrúas ou en zonas de carga e descarga (agora prioritarias para sanitarios). Así mesmo, confirmou que seguen activos os radares fixos, porque se manteñen as limitacións de velocidade e o pouco tráfico que hai debe seguir sendo seguro.

Por outra banda, o alcalde trasladou que, nas últimas horas, a Policía Local tramitou outras 25 denuncias contra persoas que se saltaron o confinamento decretado no estado de alarma, co que a cifra de propostos para sanción desde que entrou en vigor o Real Decreto xa é de 323. Ademais, nese período, foron identificadas 1.230 persoas e controláronse máis de 2.700 vehículos.

Adicionalmente, o alcalde lembrou todas as medidas postas en marcha desde a administración municipal para paliar os efectos da crise sanitaria, como axudas a familias para dar para comer aos nenos beneficiarios de bolsas de comedor, axudas para o pago de subministracións ou vivenda, atención a domicilio de colectivos vulnerables, ou aloxamento para 130 persoas sen fogar, entre outras.

Finalmente, e a preguntas formuladas telematicamente polos medios, o alcalde precisou que as obras municipais non se paralizarán, xa que non o esixe o Real Decreto de estado de alarma, e os traballadores están a operar coas medidas de prevención e seguridade, de acordo cos plans de seguridade e saúde laboral das empresas. “E eses traballadores levan o salario a casa todos os días, que é moi importante”, engadiu.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...