InicioSociedadeAxustan o transporte marítimo entre Vigo e Cangas tras descender un 90%...

Axustan o transporte marítimo entre Vigo e Cangas tras descender un 90% a demanda

As navieiras optaron por modificar os horarios para "axustar a oferta á demanda" e "reducir a exposición" dos seus traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O transporte marítimo entre Vigo e Cangas suspenderase os domingos e festivos e axustaranse as frecuencias que se estableceron este luns despois de contabilizarse un descenso do 90 por cento na ocupación media das embarcacións durante a vixencia do estado de alarma.

Así o trasladou a Navieira Mar de Ons, que presta este servizo xunto a Rías Galegas, nun comunicado no que precisou que estas medidas se aplicarán desde o vindeiro luns, día 30 de marzo.

En concreto, os horarios foran axustados o día 23 tras a aprobación de novas reducións de operacións no ámbito do transporte polo Goberno e ante o descenso do número de pasaxeiros motivado polas restricións de mobilidade impostas para evitar a propagación do COVID-19.

Dada a baixa ocupación rexistrada, as navieiras optaron por modificar os horarios para “axustar a oferta á demanda” e “reducir a exposición” dos seus traballadores, así como preservar a súa saúde e a dos pasaxeiros.

Deste xeito, de luns a venres, as conexións de Cangas a Vigo realizaranse ás 7,00, 8,00 e 9,00 horas, así como ás 14,00; 15,00; 19,00; 20,00 e 21,00 horas. Os traxectos de regreso realizaranse media hora máis tarde neses mesmos horarios. Mentres, estas frecuencias manteranse os sábados non festivos, fóra das viaxes das 7,00 e as 21,00 horas, así como os traxectos de volta ás 7,30 e as 21,30 horas. En cambios, os domingos e festivos non se prestará este servizo.

Mentres, a conexión da cidade olívica con Moaña, que opera a Navieira Nabia, foi modificada este sábado. En concreto, de luns a venres, os traxectos desde esta localidade a Vigo realízanse ás 7,00; 8,00; 10,00; 14,00; 16,00; 20,00 e 21,00 horas e, os de regreso, media hora máis tarde. Os sábados a conexión Moaña-Vigo está dispoñible ás 10,00; 14,00; 17,00 e 19,00 horas e, os traxectos opostos, media hora máis tarde nesas mesmas frecuencias. Os domingos non se ofrece o transporte marítimo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...