InicioSociedadeO PSdeG sae en defensa da médica sancionada: "Agora máis que nunca...

O PSdeG sae en defensa da médica sancionada: “Agora máis que nunca hai que coidar aos profesionais”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, saíu este mércores en defensa dos profesionais sanitarios que “día a día se xogan a súa saúde” tentando salvar vidas, e, aínda así, reciben sancións por parte da Xunta, tal e como lle aconteceu a unha profesional da área sanitaria de Vigo. Sanción que apoio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Nunha rolda de prensa telemática, Caballero salientou que o persoal sanitario “está facendo un gran traballo” para paliar unha crise “complexa logo dos grandes recortes en sanidade, en recursos, en persoal” durante os últimos gobernos de Feijóo.

“Os profesionais contan con todo o noso apoio, respaldo e recoñecemento. E cando un profesional da sanidade pública, con risco de poder contaxiarse, alerta nas redas sociais de determinados erros, é unha magnífica profesional porque está cumprindo coas normas”, dixo. “E a liberdade de expresión é compatible con respectar esas normas”, engadiu. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...