InicioSociedadeOutras 35 denuncias por infrinxir o decreto de alarma elevan a 249...

Outras 35 denuncias por infrinxir o decreto de alarma elevan a 249 as sancións tramitadas pola Policía Local de Vigo

"Quedar en casa é un comportamento heroico", enxalza Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo denunciou este luns a 35 persoas que infrinxiron o Real Decreto do estado de alarma, co que o número de propostas de sanción tramitadas na cidade, só por este corpo policial, ascende a 249 (desde que entrou en vigor o Real Decreto).

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, quen afeou o comportamento desas persoas que non cumpren as condicións de confinamento, á vez que lembrou que a gran maioría de vigueses está a acatar as condicións que establece o Real Decreto para previr a expansión do coronavirus. “Quedar en casa é un comportamento heroico”, subliñou.

Entre as persoas denunciadas nas últimas horas, o rexedor detallou que algunhas se atopaban bebendo na vía pública, outras estaban a facer obras nunha segunda residencia e outras nos accesos dunha oficina de Correos, onde había “exceso de afluencia”. Segundo insistiu, o obxectivo da actuación policial “é cooperar para salvar a vida de todos os cidadáns”.

ÚLTIMAS

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...