InicioSociedadeA Brilat desprégase en Vigo para recoñecer "as zonas máis conflitivas"

A Brilat desprégase en Vigo para recoñecer “as zonas máis conflitivas”

A Brilat prosegue coa 'Operación Balmis' de colaboración en diferentes cidades co obxectivo de establecer os procedementos de actuación e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19, para o que desprega efectivos este venres en Vigo, Vilagarcía (Pontevedra), Xinzo de Limia (Ourensed), así como nas localidades asturianas de Xixón e Siero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Brilat prosegue coa ‘Operación Balmis‘ de colaboración en diferentes cidades co obxectivo de establecer os procedementos de actuación e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19, para o que desprega efectivos este venres en Vigo, Vilagarcía (Pontevedra), Xinzo de Limia (Ourense), así como nas localidades asturianas de Xixón e Siero.

Segundo informou a Brilat, esta actividadse realiza no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus Covid-19.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e asturianas co obxectivo de “recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz” con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Todo iso, destacou, “para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio”.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...