InicioSociedadeNon será preciso sellar a cartilla do paro ata o 30 de...

Non será preciso sellar a cartilla do paro ata o 30 de abril

Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Así, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), adóptanse as seguintes medidas:

-Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril.

-Se é necesaria a realización de trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou vía telefónica, chamando á correspondente oficina de emprego u ao 012.

– Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.

-No que se refire ás oficinas de prestacións do SEPE, poden consultarse as medidas adoptadas en: https://www.sepe.es, entre as que destacan que non se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos. Ademais, habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial. E non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

Este acordo do Cecop conleva unicamente o peche ao público das oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia pero non a clausura do seu servizo aos usuarios que se seguirá ofrecendo polas vías telemática e telefónica co obxectivo de manter a actividade e cumprir, á súa vez, coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Esta información irase actualizando no portal: https://emprego.xunta.gal

ÚLTIMAS

Caballero agradece o apoio da cidade tras 18 anos como alcalde: “Vigo pasou de ser gris a estar chea de actividade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cumpriu '' este martes 18 anos como rexedor,...

Veciños de Nigrán denuncian a caída de muros de contención de vivendas pola obra dunha nave de Porto do Molle

Veciños da localidade pontevedresa de Nigrán denunciaron a caída de muros de contención das...

UVigo e Subdelegación do Goberno achegan material contra a violencia de xénero

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Universidade de Vigo puxeron a disposición...

O Pleno aproba o PXOM co único voto favorable do PSOE: “Enterramos a especulación e á oposición”

O Pleno da Corporación municipal de Vigo aprobou este luns definitivamente o novo Plan Xeral de...