InicioSociedadeO Concello do Rosal habilita un teléfono para axudar a persoas vulnerables

O Concello do Rosal habilita un teléfono para axudar a persoas vulnerables

O Concello pide á veciñanza que avisen de persoas vulnerables para iniciar as axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello do Rosal fai un chamamento á veciñanza ante a situación de emerxencia debido ao coronavirus para que avisen de persoas nunha situación máis vulnerable co fin de pór en marcha as “medidas de axuda necesarias”.

Segundo informou o Concello nun comunicado, pide aos veciños que se coñecen a persoas do municipio que poidan estar nunha situación de vulnerabilidade a raíz do estado de alarma derivado do Covid-19, o poñan en coñecemento do Consistorio.

En concreto, inclúe persoas maiores que vivan soas, as que pertenzan a colectivos de risco ou que necesiten axuda. Para iso facilita o Concello o teléfono 986 62 50 00 de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas.

“Agradecemos toda a colaboración e solidariedade dos veciños do Rosal, tan necesaria nesta situación de alerta sanitaria”, conclúe o Concello.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...