InicioSociedadeAsí combate a Policía Local de Vigo o coronavirus: alcol de 96º,...

Así combate a Policía Local de Vigo o coronavirus: alcol de 96º, unha caixa de máscaras e papel de WC

O goberno local de Vigo tachou de "falsidade" a denuncia feita pola sección do Sindicato Profesional de Policías Municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais no Concello de Vigo emitiu un comunicado no que critican o ‘kit’ de prevención contra o coronavirus que a administración local facilitou para todo o persoal: 4 botes de alcol de 96º, unha caixa de máscaras de papel, outra de luvas de látex e un rolo de papel hixiénico.

Este sindicato denunciara nas últimas horas a falta de equipos de autoprotección para os axentes, uns 300 no persoal, que non dispoñen, segundo din, de elementos de prevención adecuados, máis aló das luvas de látex que levan nos coches policiais.

O portavoz do sindicato no comité de persoal, Antonio Juste, sinalou que, a pesar dos anuncios do goberno local, de momento non se desinfectarons as oficinas do 092 no Concello e que o único que se fixo foi pedirlles que “co papel hixiénico e o alcol limpen os propios policías aqueles elementos de uso común”.

Juste trasladou a súa preocupación porque a Policía Local de Vigo “realiza cada vez máis servizos humanitarios”, de atención a persoas maiores que non saen de casa e teñen algún incidente doméstico. “Son moi vulnerables, os propios policías, sen querelo, podemos contaxialos”, advertiu.

O GOBERNO LOCAL DENUNCIA A “FALSIDADE” DA DENUNCIA

O goberno local de Vigo tachou de “falsidade” a denuncia realizada pola sección do Sindicato Profesional de Policías Municipais no Concello olívico sobre a repartición deste ‘kit’ de prevención.

Así pois, sae do paso asegurando que é “completamente falso” que se repartiu ese ‘kit’ con papel hixiénico. “O persoal do corpo ten á súa disposición, de forma continua, máscaras e luvas de látex, xunto con alcol para a limpeza e desinfección de instrumentos e material da armería”, precisaron fontes do executivo local.

As mesmas fontes sinalaron que, “tal e como demandou a Policía Local”, ese material está á súa disposición na armería, xa que ata agora permanecía nun almacén.

Chamamos á responsabilidade dos que transmiten informacións falsas e tendenciosas nunha situación de emerxencia como esta. Queremos agradacer a responsabilidade de todos os mandos e da inmensa maioría da Policía Local”, conclúe o comunicado.

ÚLTIMAS

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...