InicioSociedadeO desentullo da zona 0 da explosión de Paramos coordinarase nunha reunión...

O desentullo da zona 0 da explosión de Paramos coordinarase nunha reunión o vindeiro venres

PUBLICADO O

- Advertisement -

O desentullo da zona de Tui afectada pola explosión de pirotecnia será abordado nunha reunión de coordinación o vindeiro venres 8 de xuño. En concreto, ese día, ás 9:00 horas, técnicos do Concello de Tui, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia establecerán a liña a seguir para acometer estes labores.

Será un encontro de carácter técnico con apoio político, segundo explica o Consistorio a través dunha nota de prensa, no que se abordará desde o tratamento dos entullos, algúns contaminantes como a uralita, e o plan de traballo.

Tamén se buscará cuantificar o importe dos traballos necesarios, “fixando así unha folla de ruta clara”. Este foi un dos acordos do gabinete de crise reunido durante algo máis de dúas horas no centro de afectados con presenza do Concello, Deputación, Xunta e Goberno central, así como da plataforma de afectados de Paramos.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, presidiu a xunta, na que estiveron presentes todos os grupos políticos da corporación municipal, o deputado Carlos López Font e Santos Héctor, por parte da Xunta o delegado territorial José Manuel Cores Tourís, e o responsable territorial de vivenda, José Luís Díez, o deputado autonómico, Moisés Rodríguez, e a subdelegada do goberno en funcións, Ana Ortiz, xunto a distintos técnicos.

Na cita deste sábado tamén se acordou a convocatoria dunha xunta de seguridade extraordinaria. Por outra banda, “todas as familias afectadas pola explosión que foron reacollidas nun establecemento hostaleiro teñen xa asignada unha vivenda á que trasladarse“, indica o Consistorio.

“Algunhas delas xa ocuparon ao longo desta semana a nova casa, e as restantes están en proceso ou a piques de trasladarse”, segundo engade.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...