InicioSociedadeAvanza o plan para recuperar o edificio da estación de autobuses de...

Avanza o plan para recuperar o edificio da estación de autobuses de Vigo como centro interxeracional

Terá un investimento de case 5 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego analizou este xoves o anteproxecto para reformar e recuperar, en palabras do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o “emblemático” edificio da Estación de Autobuses de Vigo como centro interxeracional, despois de que este servizo pase a desenvolverse na futura intermodal.

Cun investimento de case 5 millóns de euros, o obxectivo é que o futuro centro conte cun centro de día, con 80 prazas para persoas maiores; cunha escola infantil de ata 82 prazas; cunhas oficinas para técnicos de servizos sociais; e cun espazo sociocultural, que estará composto por unha aula multiusos, unha sala de exposicións e unha cafetaría.

O edificio, “plenamente sustentable”, contará, ademais, con paneis fotovoltaicos, con puntos de recarga de batería, cun xardín interior parcialmente cuberto e a disposición dos usuarios do centro de día, da escola infantil e dos demais servizos do edificio; e cun aparcadoiro para máis de 230 vehículos, que poderán usar durante o día os usuarios do centro e durante a noite todos os veciños do barrio.

Este proxecto suporá a reforma e a recuperación dun edificio emblemático na cidade, desde o punto de vista arquitectónico, cunha estrutura moi recoñecible, e novas prazas de atención á infancia e ás persoas maiores.

Feijóo subliñou que para o funcionamento cotián da escola infantil e do centro de día destinaríanse case 1,5 millóns de euros anuais.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...