O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de seis novas festas de interese turístico autonómico; dúas están na provincia de Pontevedra, outras dúas na de Ourense, e as dúas restantes repártense nas da Coruña e Lugo. Festas caracterizadas pola espiritualidade, a tradición, a carne e o viño.
E entre elas destaca a a Romaría de Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves, coñecida, entre outros motivos, pola súa singularidade con cadaleitos portados en procesión que levan no seu interior os propios oferentes para solicitar a intervención por un familiar ou por si mesmos. Toda a información no Galicia Confidencial.