InicioSociedade(Fotos) Vigo érguese contra a violencia machista tras o crime de Lugo

(Fotos) Vigo érguese contra a violencia machista tras o crime de Lugo

A cidade de Vigo acolleu este luns unha concentración en repulsa polo asasinato machista acontecido en Lugo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cidades galegas volveron saír á rúa na xornada deste luns para expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero logo de terse producido un novo crime machista no país, desta vez, na cidade de Lugo. Ao berro de ‘Se tocan a unha, tócannos a todas’, un cento de persoas concentráronse diante do Marco para esixir a fin desta lacra social.

SEGUNDO ASASINATO MACHISTA EN MENOS DUN MES

O crime das Gándaras (Lugo), no que se atopou o cadáver dunha muller con feridas de arma branca, supón o segundo asasinato machista na provincia de Lugo no que vai de ano. Así o confirmou de maneira oficial a Subdelegación do Goberno. O primeiro caso producírase nunha parroquia da Pastoriza, onde un ancián matou a súa muller, de 79 anos, para logo suicidarse ao tirarse pola fiestra.

O home detido o pasado sábado como investigado polo homicidio da súa parella en Lugo pasou a disposición xudicial este martes, día 11 de febreiro. En repulsa contra o asasinato, o goberno local vén de aprobar unha declaración institucional e as principais cidades galegas acolleron manifestacións e concentracións para berrar, unha vez máis, non á violencia machista.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...